Os membros do club de pesca Os 1000 Rios desprazáronse este domindo 15 de xuño ata a localidade ourensana de ribadavia para participar por tercer ano consecutivo no campionato de pesca que se celebra nesta localidade. Dous dos participantes conseguiron excelentes resultados sendo Juan Carlos Barja quinto clasificado na modalidade de ciprinidos e Xusto Garcia Perez (presidente do noso club e membro da seleccion galega de pesca de auga doce) quen se auparia ao mais alto do podiun conseguindo unha mais que merecida vitoria sobre o resto de competidores tras captúrar unhas bonitas carpas comúns que deron na bascula un peso superior aos 10 quilos.... Segun Xusto Garcia a vitoria non a houbese conseguido de non realizar un bo cebado da zona con pellets e micro pellets e de abundantes sementes. Desde aqui queremos expresar a nosa mais cordial felicitacion a estes dous grandes pescadores cos que contamos no noso club sen esquecernos do resto de competidores aos que sen dúbida esta primeira toma de contacto coa 'competicion' seguro lles sera de gran utilidade en futuras ocasións
domingo, 15 de junio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario