martes, 8 de julio de 2008

CAMPIONATO GALEGO DE AUGA DOCE



Ou pescador barquense do Club de Pesca Os 1000 Rios, Xose M. Ondoño participara finalmente no campionato autonomico de auga doce que se vai disputar no encoro de Portodemouro. Despois de clasificarse nun mais que meritorio 9º lugar no provincial da Rua (dado o gran nivel de dita proba) o pasado dia 22 de xuño acada finalmente o pase ao Autonimico desde 2008.... Esperemos que deixe ao noso club nun bo lugar,xa ampliaremos e daremos mais detalles do campionato noutras noticias

martes, 1 de julio de 2008

I Open Internacional de Black Bass Galicia


Campionato Internacional de pesca de Black Bass no encoro de Castrelo de Miño (Ourense) Os días 25 y 26 de Outubro de 2008.Un evento deportivo internacional nuha zoa con denominación de orixen Ribeiro.

Para poderte inscribir amigo socio ponte en contacto a traves do noso enderezo de correo electronico.


martes, 17 de junio de 2008

Montajes Avanzados Carpfishing

Da man de Fox International imos mostrarvos o último en montaxes avanzadas para Carpfishing usando a súa nova gama de anzois chamada Teflon Arma Point, trenzados de última xeración como o Coretex (de varias cores e con funda que se pode pelar), micro anillas de teflón, masilla de tugnsteno HI-SG bicolor, e unha gran diversidade de produtos pra crear baixos e montaxes que utilizan a máis novedosa tecnoloxía para unha camuflaxe perfecta. Agora que a presión de pesca (en determinados escenarios) estase convertendo no pesadelo número un de todos os practicantes do carpfishing, as casas comerciais non esperaron nin un minuto en intentar brindarnos novas armas coas que enganase a nosa intelixente adversaria a Carpa....
Espero que vos gusten os videos, un saudo e boa pesca.

FOX GUIDE TO CARP RIGS - 1° PARTE

FOX GUIDE TO CARP RIGS - 2° PARTE

ARREATAS

domingo, 15 de junio de 2008

CAMPIONATO DE RIBADAVIA


Os membros do club de pesca Os 1000 Rios desprazáronse este domindo 15 de xuño ata a localidade ourensana de ribadavia para participar por tercer ano consecutivo no campionato de pesca que se celebra nesta localidade. Dous dos participantes conseguiron excelentes resultados sendo Juan Carlos Barja quinto clasificado na modalidade de ciprinidos e Xusto Garcia Perez (presidente do noso club e membro da seleccion galega de pesca de auga doce) quen se auparia ao mais alto do podiun conseguindo unha mais que merecida vitoria sobre o resto de competidores tras captúrar unhas bonitas carpas comúns que deron na bascula un peso superior aos 10 quilos.... Segun Xusto Garcia a vitoria non a houbese conseguido de non realizar un bo cebado da zona con pellets e micro pellets e de abundantes sementes. Desde aqui queremos expresar a nosa mais cordial felicitacion a estes dous grandes pescadores cos que contamos no noso club sen esquecernos do resto de competidores aos que sen dúbida esta primeira toma de contacto coa 'competicion' seguro lles sera de gran utilidade en futuras ocasións